28/5/09

I XUNTANZA DE SOCIOS E SOCIAS DO BANCO DE TEMPO DE CEDEIRA

O pasado Sábado 23 de Maio celebrouse a primeira xuntanza das persoas asociadas ó banco de tempo de Cedeira. Ainda que a choiva ese día non acompañaba para sair da casa, todo hai que decilo, reunímonos no centro sociocultural para coñecernos entre nós e dar a coñecer cales son as actividades ofertadas e demandas que se poden intercambiar. Foi unha reunión moi amena na que sairon algunhas propostas moi interesantes para levar adiante en obradoiros como ornamentación con flores, aprender a facer repousapes, elaboración de pratos típicos, nocións de noruego, etc.

Hai un amplo abano de actividades que poder intercambiar, e cada intercambio supón a creación de rede social, o fomento de novas relacións veciñáis, o enriquecemento persoal polo que podemos aprender, fomento da confianza nas persoas, etc., todo isto vai contribuir nunha mellora do noso benestar persoal e social, polo que dende aquí vos animamos a todos e a todas a que participedes.

No hay comentarios: